CULTURA
Procura de financiamento público para a súa xestión innovadora e internacionalización.
PATRIMONIO
Protección, preservación, activación produtiva e dinamización do patrimonio material e inmaterial.
TURISMO
En colaboración con organizacións internacionais coma a UNWTO, UNESCO, Creative Cities Network…
EIDOSD SOLUCIÓNS
Tendendo pontes, creando alianzas.
Somos unha empresa especializada en proxectos de internacionais de turismo e cultura, que se enfoca especialmente aos relacionados coa protección, preservación, activación produtiva e dinamización do patrimonio, no seu sentido mais amplio, tanto material como inmaterial e tanto cultural como natural, ao mais alto nivel, para o seu recoñecemento (UNESCO World Heritage, Creative Cities…) e o financiamento público (proxectos europeos, axudas, licitacións…) para a súa xestión innovadora e internacionalización.



EIDOSD SOLUCIÓNS
¿Quén Somos?
Está conformada por profesionais de recoñecido prestixio en ámbitos complementarios aos eidos obxectivo da súa actividade, nun equipo interdisciplinar, co propósito de ofrecer solucións e alternativas de turismo e cultura sustentable a longo prazo.
TURISMO
Levando a innovación cómo bandeira dos nosos proxectos.
CULTURA
Integrando institucións públicas, fundacións e asociacións.
SOSTENIBILIDADE
Proxectos qué se desenvolven e sustentan en recursos propios.
EQUIPO
Multidisciplinar, procedente da administración pública e a universidade.
UN PASO ADIANTE A PROL DE CULTURA
Levando Galicia cara ó mundo.
A nosa empresa é unha consultora creada en febreiro de 2015 cunha clara vocación internacional. Acumulamos anos de experiencia colaborando, tramitando e xestionando con éxito candidaturas UNESCO e proxectos europeos promovidos por entidades públicas e privadas de Galicia dentro de diferentes programas como URBACT, ERASMUS+, Interreg, Horizonte 2020 etc…